CRTVG

Buscar

Aceites Abril agarda recoller 40.000 quilos de olivas

Publicado o 02/11/2020 20:10
Aceites Abril agarda recoller 40.000 quilos de olivas

Aceites Abril, a maior empresa do sector do aceite en Galicia, comezou a recollida da súa colleita propia, un aceite que elaboran coa produción que sae das oliveiras galegas.

Este aceite cen por cento galego saíu ao mercado no ano 2016. Daquela recolleron arredor de 6.000 quilos de oliva. Este ano agárdase recoller uns 40.000 quilos que permitirán producir arredor de 5.000 litros de aceite.

A empresa ourensá conta actualmente con máis de 160.000 oliveiras repartidas por toda a comunidade.

 

Noticias web

02/11/2020