CRTVG

Buscar

Absolven un home acusado de abusar dunha nena de oito anos en Oza-Cesuras

Publicado o 23/01/2020 14:11

Quedou absolto un home acusado de abusar e intentar agredir sexualmente unha nena de 8 anos, sobriña da súa parella.

Na vista oral, o home negou os feitos, pero a Fiscalía pedía para el unha condena de 19 anos de cadea. Porén, o ditame da Audiencia Provincial da Coruña non considera acreditados os feitos polos que foi investigado e que, segundo a denuncia, se produciron nunha vivenda de Oza-Cesuras tras iniciar o home unha relación sentimental coa irmá da denunciante.

Amais, a sentenza recolle que non consta acreditado que aproveitando a estancia das menores na casa se cometeran os feitos que se lle imputaban e que a denunciante situaba no verán do 2005 ou 2006.

Noticias web

23/01/2020