CRTVG

Buscar

Abren os zoolóxicos, pero tarda en chegar a xente

Publicado o 13/07/2020 21:43

Antonio aproveitou o confinamento para facer novos espazos e mellorar as condicións en que viven as aves do seu centro. Ademais, adaptou os circuítos e os puntos de observación para evitar que as persoas teñan que cruzarse.

Tras máis de tres meses pechados, custa recuperar o público.

No centro hai sobre duascentas cincuenta aves de cento cincuenta especies. Moitas delas, como esta curuxa, ou estas aguias, proceden de centros onde trataron infrutuosamente de recuperalas despois de caer nun cepo, despois dun atropelo, un envelenamento ou un comiso, co cal foi imposible reintroducilas no seu hábitat.

Antonio procura que vivan nas condicións máis semellantes ás que terían no seu hábitat.

Noticias web

13/07/2020