CRTVG

Buscar

Abren as terrazas en Portugal, pero apenas teñen clientes

Publicado o 20/05/2020 15:21

Esta semana abriron as terrazas de bares e restaurantes ao 50% na segunda fase en Portugal. Ante esta restrición do Goberno, por exemplo, no Porto o alcalde da cidade decidiu conceder aos negocios que o desexaran o dobre de mesas para poñer na rúa. Pero o resultado que estamos vendo estes días dista moito de ser o dun mes de maio soleado habitual. As terrazas están case baleiras. Isto ten varias explicacións. A primeira é que non hai turistas, non poden chegar. Tamén hai que ter en conta a diferenza cultural porque aquí non hai tanto costume de ir de terrazas como acontece en Galicia. Outra das razóns é que hai moitos cidadáns portugueses que aínda están autoconfinados e critican o Goberno por estar facendo a desescalada demasiado rápido.


 

Noticias web

20/05/2020