CRTVG

Buscar

Abre o prazo para a devolución das viaxes do Imserso

Publicado o 07/05/2020 21:36

As viaxes do Imserso están canceladas, de momento, ata o 30 de xuño. Os beneficiarios que pagarán esas viaxes anuladas polo estado de alarma poden pedir a recuperación dos cartos. Se mercaron o billete nunha axencia de viaxes, terán que ir en persona reclamar os cartos, cando abran.

Os que adquiriran a viaxe por Internet, poden pedir a devolución na web www.mundiplan.es.

Os que planificaran a viaxe a través de Turismo Social poden reclamar o pagado por correo electrónico en reembolsocovid@turismosocial.com ou mandando os datos por correo postal ao enderezo Camí Dels Reis 308, Palma de Mallorca.

A devolución será de todo o pagado menos os gastos de xestión, que é un 6,20% do total. De media, os usuarios afectados deixarán de percibir entre dez e trinta e cinco euros. Non hai prazo límite para as reclamacións.


 

Noticias web

07/05/2020