CRTVG

Buscar

O hospital do Salnés estrea unha unidade de día para doentes oncolóxicos

Publicado o 10/01/2020 14:50

Co novo servizo quérese achegar o tratamento aos pacientes oncolóxicos do hospital comarcal do Salnés, un centro que atende unha área de poboación de 70.000 habitantes e que durante o ano pasado rexistrou 200 novos enfermos con tratamento quimioterápico. Coa posta en marcha do hospital de día, os que poidan recibir a terapia pola mañá evitarán ter que desprazarse a Pontevedra. Dotarase dun oncólogo e unha enfermeira específica, segundo explicou o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés, José Ramón Gómez.

Ademais, a consulta de oncoloxía que ata o de agora funcionaba dous ou tres días á semana estabilízase neste hospital de luns a venres. Calcúlase que nestas instalacións administraranse diariamente entre 15 e 20 tratamentos con ciclotóxicos, que se prepararán no hospital de Montecelo, porque é alí onde existen as chamadas "salas limpas" para elaborar a medicación e que é posible pola proximidade entre Pontevedra e Vilagarcía.

Durante o ano pasado, atendéronse neste hospital comarcal máis de 1.700 consultas externas de oncoloxía.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2020