CRTVG

Buscar

Reabre a hostalería en Viveiro despois de semanas con límites de ocupación

Publicado o 29/11/2020 14:38

Este sábado, despois de tres semanas pechada, reabriu a hostalería de Viveiro. Neste concello vólvese á fase 2 e, aínda que segue habendo restricións na ocupación de bares e restaurantes, tanto no interior dos locais coma nas terrazas, nótase que os veciños tiñan ganas de poder gozar destes establecementos.

A primeira hora só se vían algunhas persoas almorzando ou tomando un café, pero segundo foi medrando o día a afluencia de clientes foi aumentando. De feito, pola tarde xa se notaba moito máis ambiente nas terrazas, que poden estar ocupadas ata nun 75 por cento. O interior dos locais poden estar ocupados ata nun 50 por cento da súa capacidade. Con todo, a xente optaba maioritariamente por tomar algo no exterior.

Entre os clientes, a sensación que reina é que evitar novas medidas restrititivas depende unicamente de que a cidadanía tomemos conciencia da situación en que vivimos.

 

Noticias web

29/11/2020