Abre a hostalería, volve a mobilidade e permítense as reunións de non conviventes en San Cibrao das Viñas, Toén, Viveiro e Mugardos
Son traballadores do Polígono de San Cibrao das Viñas. Despois de tres semanas poden volver ao interior dun bar para tomar o café ou xantar.
Este establecemento permanceu aberto preparando comidas ou cafés para levar.
Será o luns, coa volta ao traballo de todas as empresas, cando en establecementos coma este se note máis a redución das restricións aínda que sexa sempre con cautela.
Miguel e Adrian comparten café en Toén. Despois de tres semanas poden xuntarse non conviventes, cun límite de 6 persoas.
Ao igual que outros concellos da área de Ourense agora non poderán ir a cidade sen causa xustificada, xa que continúa co peche perimetral.
A boa evolución da Covid tamén permitiu suavizar as restriccións no concello lugués de Vivero que abandona así o terceiro peche dende que comezou a pandemia. Tamén baixou a nivel 2 o municpio de Mugardos, o primerio da ría de Ferrol que deixa atrás as medidas máis restrictivas.