CRTVG

Buscar

Abre a campaña de libre marisqueo na ría de Arousa sen practicamente capturas

Publicado o 19/10/2020 14:31

E neste luns chuvioso e ventoso comezou a campaña de libre marisqueo na ría de Arousa, pero o certo é que os mariscadores non regresaron a terra demasiado contentos.

A apertura da campaña de libre marisqueo na ría de Arousa non foi a desexada para as embarcacións que acudiron esta mañá ao bancos dos Lombos do Ulla, Cabio ou O Boído.

"Non hai nada, o pouco que hai non dá a medida", din os mariscadores.

Malia que os topes son de 45 quilos de berberecho por embarcación e entre seis e quince dos distintos tipos de ameixa, hoxe volvían a terra coas bolsas practicamente baleiras, polo que dan a xornada e a campaña por perdidas.

"Eu mañá xa non veño, non nos da nin para gasolina", aseguran.

Cren que a solución pasa por pechar durante uns meses para que os bivalvos que sobrevivan medren.

"Habería que facer un paro biolóxico de dous ou tres meses para que o marisco medre", matizan.

Só así, aseguran, poderán afrontar a campaña de Nadal.

Noticias web

19/10/2020