O socialista Abel Caballero recuncará como presidente da FEMP
Publicado o 07/09/2019 21:05
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, repetirá mandato como presidente da Federación Española de Municipios e Provincias. Foi hoxe, no consello de política municipal do PSOE, cando Pedro Sánchez fixo o anuncio.
Como partido gañador das eleccións municipais, correspóndelle ao PSOE designar o presidente dos alcaldes españois. O líder socialista anunciou que volverá apoiar a Caballero para outros catro anos á fronte da FEMP.
Máis sobre Política
23/01/2021 21:23
23/01/2021 16:52
23/01/2021 15:09