CRTVG

Buscar

Investigan a posible conexión terrorista do militar que matou tres compañeiros na Florida

Publicado o 07/12/2019 11:47
Investigan a posible conexión terrorista do militar que matou tres compañeiros na Florida

Catro mortos, incluído o presunto autor, nun tiroteo rexistrado nunha base naval na Florida, nos Estados Unidos A base permanece pechada mentres se investiga o incidente. Ao parecer, foi un militar da Forza Aérea de Arabia Saudita o que disparou contra outros que estaban na base.

En total víronse implicadas once persoas neste incidente. Dúas persoas morreron no mesmo lugar do incidente e outra máis no hospital. O autor dos disparos foi abataido na mesma base polos servizos de seguridade. O voceiro da armada dos Estados Unidos declarou que o lugar do incidente parece o escenario dunha película.

Esta é a segunda matanza nunha semana nunha instalación militar norteamericana, xa que o martes outro soldado asasinou un compañeiro e feriu outro antes de quitarse a vida na base de Pearl Harbor, en Hawai.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2019