CRTVG

Buscar

Abascal insiste en que os cidadáns deberían poder usar armas "se son asaltados"

Publicado o 23/03/2019 21:14

O presidente de Vox, Santiago Abascal, volveu defender este sábado o uso de armas por parte de cidadáns que sufran un asalto, argumentando que teñen dereito a defenderse.

Santiago Abascal, presidente de Vox dixo que non defende armar a poboación nin sacar as pistolas á rúa, afirmou que os españois na súa casa teñen dereito á lexítima defensa e que non deixarán de dicilo nunca. "Cando gobernemos, dixo, amosaremos que o imos aplicar e os españois poderán defender a súa casa con tranquilidade".

Noticias web

23/03/2019