CRTVG

Buscar

Abascal confirma que Vox non presentará candidato á Xunta de Galicia

Publicado o 28/02/2020 09:09

O presidente de Vox, Santiago Abascal, confirma que para as autonómicas galegas terán listaxes nas catro provincias, pero afirma que non presentarán candidato á presidencia da Xunta de Galicia, á que, por certo, se refire como 'Junta de Galicia', usando unha tradución ao castelán que non é oficial.

Nas listaxes galegas, Vox vai repetir os nomes que conformaron as candidaturas para as eleccións xerais. No caso de Pontevedra, encabezará a lista Antonio Ramilo, o fillo do ex-presidente da Confederación de Empresarios de Galicia. Vox recoñece que non ten estrutura territorial na nosa comunidade, onde non ten ningún concelleiro nin parlamentario autonómico.

Noticias web

28/02/2020