CRTVG

Buscar

Abanca repartirá 20.000 máscaras nas residencias de maiores

Publicado o 13/04/2020 19:44

Abanca e Afundación van repartir 20.000 máscaras e 7.000 pantallas protectoras entre todas as residencias de maiores de Galicia, tanto da rede pública como das privadas. As máscaras estanas fabricando traballadores de Afundación e un grupo de voluntarios, formado por antigos alumnos do Colexio Hogar de Vigo. A semana que vén comezarán a distribuír o material para que o empreguen os residentes e o persoal dos centros de maiores.

Noticias web

13/04/2020