CRTVG

Buscar

Abanca gaña 250 millóns no primeiro semestre, un 1,3 por cento máis

Publicado o 30/07/2019 11:24

Abanca pecha un semestre histórico, en palabras de Juan Carlos Escotet. O presidente da entidade de orixe galega resume así 6 meses nos que o banco acadou case os 80.000 millóns de euros de volume de negocio. A adquisición da rede portuguesa do Deutsche Bank tivo a culpa dunhas cifras que aumentarán aínda máis cando a finais de ano remate a integración da filial española da Caixa Geral de Depositos. En cifras, Abanca gañou este semestre 250 millóns de euros, un 1,3% máis que en 2018, o que supón unha rendibilidade superior ao 10%.

Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca, di que iso "nos volve permitir estar no podio das mellores rendibilidades do sistema bancario español"

Na primeira metade do ano, Abanca captou 50.000 novos clientes, incrementou nun 7% o negocio dos seguros e concedeu un 13% máis de créditos un 13%, sobre todo a pemes e autónomos. O presidente da entidade salientou que a taxa de morosidade caeu ata o 3,3%, unha das máis baixas do sector bancario español.