CRTVG

Buscar

A xustiza obriga a Madrid a dotar de equipos de protección os sanitarios

Publicado o 25/03/2020 20:37

A carestía de material de protección está a facer que os sindicatos que representan o persoal sanitario acudan aos tribunais, con sorte dispar. E así, en Madrid, un Xulgado do Social obriga xa a Consellería de Sanidade a que de xeito inmediato ou nun prazo de 24 horas provea os profesionais da saúde do equipamento necesario para traballar con seguridade. Faino despois de que a Asociación de Médicos e Titulados Superiores de Madrid presentara unha demanda. Un exemplo que seguiron xa dende o Sindicato Médico de Navarra. Non obstante, non todos os tribunais aceptan este tipo de demandas. A Sala do Contencioso do Supremo rexeitaba hoxe mesmo outra petición similar.


 

Noticias web

25/03/2020