CRTVG

Buscar

A xustiza europea rexeita a demanda dos Franco contra a exhumación

Publicado o 17/10/2019 18:13
A xustiza europea rexeita a demanda dos Franco contra a exhumación


O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos ( TEDH) rexeitou hoxe por escrito a demanda presentada pola Fundación Francisco Franco para pedir ao Goberno a paralización da exhumación dos restos mortais do ditador. Segundo o escrito, ao que tivo acceso Efe, o Tribunal de Estrasburgo descarta a aplicación do artigo 39 do seu regulamento e informa os demandantes de que "non intervirá como se lle solicitou" aplicando as medidas provisionais que pretendía a Fundación Francisco Franco. A Corte europea lembra na carta que o demandante pode presentar unha queixa #ante o TEDH baixo o artigo 34 do Convenio Europeo de Dereitos Humanos, que regula as demandas de cidadáns que se consideran vítimas dunha violación de dereitos humanos.

O xuíz arquiva o recurso contra a licenza de obra

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Madrid arquivou o procedemento tramitado por mor dun recurso contra a licenza do Concello de San Lorenzo del Escorial (Madrid) para as obras necesarias para a exhumación do ditador Francisco Franco do Valle dos Caídos. Así o acorda o xuíz José Yusty nun auto ditado despois de que o Tribunal Supremo haxa desestimado o recurso interposto polos netos de Franco contra os acordos do Goberno de exhumar ao ditador.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/10/2019