CRTVG

Buscar

A xustiza aproba os confinamentos de Palencia e León

Publicado o 09/10/2020 11:06
A xustiza aproba os confinamentos de Palencia e León

O Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León ratificou as ordes da Xunta de confinamento perimetral de León, Palencia e da localidade leonesa de San Andrés del Rabanedo, expostas acorde á orde do Ministerio de Sanidade para conter a pandemia.

A decisión chega un día despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid rexeitara ratificar as restricións vixentes desde o pasado 2 de outubro en dez localidades da Comunidade de Madrid, incluída a capital.

Nun breve comunicado, o Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade anticipou este venres ese opoio, que posteriormente detallará, segundo explicou.

Desde o pasado 7 de outubro os 233.000 veciños das cidades de Palencia e León e do municipio de San Andrés de Rabanedo, no alfoz da capital leonesa, están confinados perimetralmente tras superar a incidencia acumulada de 500 casos por 100.000 habitantes, un 14% de tests positivos e un 35% de enfermos de covid-19 nas uci.