CRTVG

Buscar

A Xunta xa resolveu o 97 por cento das incidencias nas estradas

Publicado o 23/12/2019 19:41

As borrascas que afectaron Galicia a última semana causaron 300 incidencias nas estradas de titularidade autonómica. A Xunta xa resolveu o 97 por cento. 

Así o asegurou a conselleira de Infraestruturas, que esta tarde supervisou os traballos de reposición das pantallas acústicas da autovía entre Dozón e Ourense que se desprenderon polo vento.

Ethel Vázquez dixo que só hai afectadas dúas estradas na provincia de Lugo. Nas dúas está cortado un carril porque cómpre estabilizar taludes.

 

 

Noticias web

23/12/2019