CRTVG

Buscar

A Xunta vai colaborar cos concellos para reforzar a seguridade nas praias

Publicado o 04/06/2020 15:30

As praias son outro dos lugares onde hai que reforzar a seguridade. 

Galicia prepárase para recibir os turistas con todas as garantías, e para conseguilo a Xunta pon en marcha unha liña de axudas para que os poidan sufragar os custos extra derivados do coronavirus.

Sinais, balizas e marcadores convivirán este ano coas toallas e o lecer nos areais. Os concellos preparan as praias para recibir os visitantes con todas as garantias. A Xunta vai sufragar parte dos custos extra derivados do reforzo da seguridade. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, indicou que van colaborar tanto no que ten ver coa compra de materiais como na contratación de máis persoal que axude nas tarefas de control de accesos e limpeza das praias.

Os socorristas seguirán velando pola nosa seguridade, pero sen descoidar a súa. Nuria Rodríguez, presidenta Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia explica que o boca a boca se vai substituir por un sistema mecánico que insufla aire. 

O máis importante é que todos repectemos as novas medidas de  para que as praias sigan sendo un lugar seguro de lecer.

Noticias web

04/06/2020