CRTVG

Buscar

A Xunta ten activado un plan viario invernal con 26 centros de conservación por toda Galicia

Publicado o 15/11/2019 15:19

Cos avisos por temporal póñense en marcha todos os medios do Plan de Vialidade Invernal. Para atender os 5.500 quilómetros de estradas de titularidade autonómica, a Xunta conta con 26 centros operativos e 73 máquinas ademais de 500 profesionais destinados a vixiar e garantir a seguridade nas estradas. A principal atención está nas zonas de montaña.

Tamén traballan a diario na prevención e contan tamén con máis de 5.200 toneladas de fundentes que se esparexen nas estradas para evitar a formación de placas de xeo.

Con todo, non pode faltar a prevención, o coidado e a responsabilidade dos condutores.

Noticias web

15/11/2019