A Xunta repartiu preto de 350.000 máscaras aos traballadores
Publicado o 16/04/2020 15:22
A Xunta está facilitando desde comezos de semana máscaras e luvas de protección ás empresas e autónomos que llo solicitan. Xa se repartiron case 350.000 máscaras e agárdase que aquí a final da vindeira semana a cifra se achegue aos dous millóns.
Alfonso Rueda dixo que era imprescindible facilitarlles a prezo de custo este material, xa que o anunciado polo Goberno non chegaba a empresas e autónomos.
Para solicitar o material de protección os empresarios e autonómos deben dirixirse aos clústers e asociacións correspondentes cos que a Xunta mantén xuntanzas para concretar a distribución.
Máis sobre actualidade
21/01/2021 16:51