CRTVG

Buscar

A Xunta pídelle ao Goberno un protocolo único de medidas de hixiene no transporte público

Publicado o 04/05/2020 21:12

A Xunta pídelle ao Goberno un protocolo único de medidas de hixiene no transporte público  para garantir a saúde dos traballadores e dos usuarios.  Foi na Conferencia Sectorial de Tranportes convocada polo Ministerio coas Comunidades Autónomas. A conselleira de Infraestruturas
demandou ademais un fondo de compensación estatal para garantir a sustentabilidade do transporte público.Ethel Vázquez solicitou tamén medidas para a reactivación económica.

"No eido da recuperación da actividade económica abordamos a necesidade de reactivar as obras oúblicas e, nese sentido, solicitamos que se retomen tanto os prazos administrativos como as obras estatais necesarias en Galicia como o AVE a Galicia. Pedimos que se eviten demoras no inicio de probas e na súa posta en servizo e tamén pedimos que se retome actividade que está ralentizada da autovía entre Santiago e Lugo", di Ethel Vázquez , conselleira de Infraestruturas.


Noticias web

04/05/2020