A Xunta quere converter o pazo de Meirás nun museo con visitas guiadas
Publicado o 11/12/2020 15:25
Un espazo vivo e aberto á sociedade que recupere a orixe do pazo vencellado a Emilia Pardo Bazán. O plan de usos impulsado pola Xunta propón converter o seu interior nun museo con visitas guiadas e percorridos didácticos.
Todo sen deixar de lado a promoción da igualdade e a defensa dos valores democráticos, aos que se dedicarían os xardíns da liberdade.
Son as propostas que agora se trasladarán ao grupo de traballo constituído entre as administracións para definir o futuro. A Xunta entende que o Estado sexa o depositario de Meirás ata que haxa un pronunciamento definitivo da xustiza, pero defende que a xestión deste espazo de referencia histórica volva a mans dos galegos.
Máis sobre actualidade
08/03/2021 22:48
08/03/2021 21:45