CRTVG

Buscar

A Xunta presenta a estación intermodal de Ferrol e reclama investimentos na liña ferroviaira

Publicado o 29/11/2019 15:32

Serán unhas modernas instalacións que unirán nun único edificio os servizos de tren e de autobuses. A nova estación intermodal servirá ademais para rexenerar un espazo en pleno centro da cidade de Ferrol que se dotará de 400 prazas de estacionamento.

O investimento previsto supera os 22 millóns de euros pero deberá completarse con outros 18 millóns que correrían por conta do ADIF para acondicionar a zona de vías. E é que a modernización da liña ferroviaria entre Ferrol e A Coruña será unha das prioridades nas demandas da Xunta de Galicia ao Ministerio de Fomento para favorecer a mobilidade entre as dúas cidades e co resto de Galicia.

Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas: "Solicitar esa implicación do goberno de España non só con Lugo que queremos que se conecte coa alta velocidade, senón tamén con Ferrol, para que se sume tamén a esa necesaria modernización do transporte ferroviario".

A media do traxecto Coruña-Ferrol en tren é na actualidade de 78 minutos. O obxectivo da Xunta é reducilo a 45 minutos nunha primeira fase e a menos de media hora a medio prazo.

Noticias web

29/11/2019