CRTVG

Buscar

A Xunta prepara medidas adicionais para apoiar as pemes e autónomos

Publicado o 18/03/2020 20:21

A Xunta prepara medidas adicionais ás aprobadas polo Goberno para apoiar as pemes e autónomos O conselleiro de Economía está a manter roldas de consultas co sector. Hoxe reuniuse por videoconferencia con representantes da Asociación Galega de Empresa Familiar. Francisco Conde trasladoulles que a prioridade é a sanidade e despois o mantemento da actividade empresarial e dos postos de traballo.

"Desde a Xunta de Galicia impulsaremos un conxunto de medidas económicas, financeiras e laborais para dotar de axilidade a resposta da Administración e para ser útiles nun momento de enorme dificultade onde a situación sanitaria do noso país é a prioridade, pero, ao mesmo tempo estamos traballando para manter esa actividade industrial", di Francisco Conde, conselleiro de Economía e Industria.

 

Noticias web

18/03/2020