A Xunta pide un fondo de compensación de 8 millóns para as concesionarias do transporte público
Publicado o 05/05/2020 19:04
A Xunta reclámalle ao Goberno central un fondo de compensación de 8 millóns de euros para paliar o impacto da crise do coronavirus nas empresas concesionarias do transporte público en Galicia, que perdeu un 97% dos viaxeiros polas restricións de movementos do estado de alarma. Nunha xuntanza virtual co sector, a conselleira de Mobilidade confirmou que a Xunta achegará 1 millón de euros de anticipos polos servizos que están a prestar nesta situación.
Máis sobre actualidade
22/01/2021 21:52