CRTVG

Buscar

A Xunta pide a convocatoria da Mesa de Seguimento sobre Endesa As Pontes

Publicado o 28/11/2019 14:55

A Xunta pediulle por escrito ao Goberno central a convocatoria urxente da mesa de seguimento sobre Endesa As Pontes. Queren que a propia empresa e o executivo expliquen con transparencia os seus plans respecto á central. 

"O que lles pedimos á empresa e ao Goberno é claridade, certeza e, sobre todo, cales son as medidas que van establecer para garantir a reactividade da planta e que polo tanto teñamos esa oportunidade de futuro para 700 familias", asegurou Fransico Conde, o conselleiro de Industria.

Noticias web

28/11/2019