CRTVG

Buscar

A Xunta ofrece o apoio para que Vulcano poida manter a actividade

Publicado o 15/11/2019 15:16

Ante a proposta de Vicalsa, a Xunta asegura que poñerá todos os instrumentos para que Vulcano poida continuar a súa actividade no sector naval. O conselleiro de Economía di que lle corresponde ao grupo presentar un proxecto solvente.

"A Xunta de Galicia vai traballar para ver como se pode apoiar un proxecto de continuidade en Vulcano e, polo tanto, non perdamos un elemento importante en Vigo. Cremos que é posible, pero dependemos de que haxa un proxecto solvente por parte de Vicalsa", dixo Francisco Conde, conselleiro de Economía.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/11/2019