CRTVG

Buscar

A Xunta, o Concello e o Ministerio de Fomento acordan impulsar conxuntamente a estación intermodal de Lugo

Publicado o 29/07/2019 21:08

A Xunta, o Concello e o Ministerio de Fomento acordan impulsar conxuntamente a estación intermodal de Lugo. Farano a través dun acordo semellante aos asinados en Santiago e Ourense.

A conselleira de Infraestruturas, a presidenta de Adif e a alcaldesa reuníronse esta mañá en Lugo para abordar o asunto. O proxecto comprende unha nova estación de autobuses, a reforma da estación de tren, a conexión entre ambas e os accesos.

A Xunta prevé licitar a finais de verán a nova estación de autobuses. Pola súa banda, Adif informou da adxudicación do proxecto da reforma ferroviaria e da conexión entre estacións.



 

Noticias web

29/07/2019