CRTVG

Buscar

A Xunta non asistirá á presentación do anteproxecto da Intermodal de Lugo

Publicado o 04/03/2019 19:08

Acto crucial esta tarde en Lugo. Preséntase o anteproxecto da estación intermodal da cidade. A Xunta xa anunciou que non asistirá ningún representante do Goberno galego, porque aínda non coñecen o proxecto definitivo.

Ampliación da vía Ártabra, publicada a licitación das obras da primeira fase

A conselleira facía estas declaracións despois de anunciar a publicación da licitación das obras da primeira fase de ampliación da vía Ártabra, entre a nacional sexta e a estrada AC-221. Son tres quilómetros en que a Xunta vai investir preto de 30 millóns de euros, co obxectivo de mellorar a mobilidade e a competitividade da área metropolitana da Coruña. Esta licitación tamén inclúe un modificativo para poder acometer unha segunda fase, e conectar a vía Ártabra coa AP-9, en canto o Ministerio de Fomento emita o informe favorable.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/03/2019