CRTVG

Buscar

A Xunta mantén unha semana máis as restricións na área sanitaria da Coruña

Publicado o 12/08/2020 15:10

• Haberá máis limitacións nas visitas a hospitais

• Polo momento non se anuncian restricións na mobilidade

A partir de mañá, prohibido fumar na rúa ou espazos públicos en toda Galicia

Logo da nova suba de casos positivos de covid e reunirse co comité clínico, o presidente da Xunta en funcións Alberto Núñez Feijóo anuncia que seguirán as restricións na área da Coruña, polo momento, sete días máis.

"Tal e como nos advertiron os expertos, a situación iría empeorando a medida que pasasen as semanas do mes de xullo e de agosto. A situación foi empeorando a medida que se foron abrindo os territorios de Galicia a España, países do espazo Schengen e no resto do mundo", explicou.

Preocupación pola incidencia epidemiolóxica

"A situación na área da Coruña é moi preocupante", aseveoru na comparecencia. O presidente en funcións resaltou a importante incidencia epidemiolóxica na área da Coruña, con 92 por 100.000, case o cuádrupleo da media galega (23.52 por 100.000). Así, a área achégase á media española de 94.60 por 100.000.

Feijóo indica que polo de agora non haberá restricións na mobilidade, aínda que non descarta que en vindeiros días, se a situación non mellora, se endurezan as medidas. O comité clínico estuda a posibilidade de ampliar o ámbito xeográfico da prohibición do ocio nocturno.

Baixa a idade dos contaxiados

Feijóo anuncia un incremento de rastrexos por PCR, coa posibilidade de realizar cribados aleatorios a persoas menores de 40 anos e grupos de poboación con maior exposición. Segundo sinalou Feijóo, dos novos contaxios o 80% son menos de 60 anos, cunha tasa de incidencia maior entre os 20 e 40 anos.

Esta mesma situación tamén se dá nos hospitais, media de 56 anos. Na área da Coruña hai 9 persoas menores de 50 anos ingresados no CHUAC.

O presidente en funcións lamenta a "relaxación" ante as restricións xa impostas a semana pasada na área sanitaria e pide aos concellos que fagan cumprir as medidas con esixencia.

Tamén anuncia medidas que afectarán a toda Galicia a partir de mañá, que están a estudarse, como a prohibición de fumar na rúa en certos casos específicos, dado o risco de contaxio que representa o fume.