CRTVG

Buscar

A Xunta licita as obras da primeira fase do novo CHUAC

Publicado o 03/06/2020 16:19

Bota a andar o novo Complexo Hospitalario da Coruña. A Xunta licita as obras da primeira fase do novo CHUAC, que comezarán en decembro. Reforzarase a actividade ambulatoria e ampliaranse as urxencias e as zonas para pacientes críticos.

Unha vez superada a fase máis crítica da pandemia, o complexo hospitalario da Coruña prepárase para a súa transformación. Os primeiros traballos comezarán en decembro e afectarán o edificio principal. Reforzarase a área ambulatoria coa concentración dos hospitais de día e a oficina de transplantes. Ampliaranse ademais as zonas de urxencias e as unidades de críticos, que quedarán unificadas na sexta planta. O presuposto desta primeira fase da reforma supera os 13 millóns de euros, un investimento estratéxico, di o Goberno galego, para a sanidade do futuro.

Xesús Vázquez Almuíña, conselleiro de Sanidade: "O novo CHUAC forma parte dese compromiso. O investimento en infraestruturas e innovación tecnolóxica que se ven realizando nos útlimos anos foron factores determinantes que permitiron afrontar esta pandemia. Imos seguir por ese camiño".

Ademais do complexo da Coruña, están xa en marcha as obras de ampliación dos hospitais de Ferrol e Pontevedra e tamén no hospital de Ourense, que servirán para mellorar a atención nestas áreas sanitarias. 

 

 

 

Noticias web

03/06/2020