CRTVG

Buscar

A Xunta lembra ás navieras as súas obrigas para evitar contaxios

Publicado o 17/08/2020 20:57
A Xunta lembra ás navieras as súas obrigas para evitar contaxios

A Xunta dálles un toque de atención ás navieras que ofrecen transporte de ría e pídelles que cumpran coas medidas de prevención fronte á covid-19.

Tras recibiren queixas de usuarios que se desprazaron ata a illa de Ons, a Consellería de Infraestruturas envioulles un escrito para lembrarlles as súas obrigas e as posibles sancións.

Tanto a pasaxe como a tripulación deben levar máscara e gardar a distancia social no embarque e no desembarque. Ademais, cando se ofrecen prazas de pé, só poden viaxar dúas persoas por metro cadrado.

Noticias web

17/08/2020