CRTVG

Buscar

A Xunta impulsa Elixe Galicia, un plan para fomentar o turismo interno en Galicia

Publicado o 07/11/2019 21:30

Feijóo anunciou hoxe un programa para fomentar o turismo interno. Chámase Elixe Galicia e está dirixido a maiores de 55 anos, menores de 30 e familias con fillos pequenos. A Xunta financiaralles o 40% das estadías fóra de temporada alta e nunha provincia distinta á que viven. As viaxes incluirán traslados, aloxamentos en pensión completa e excursións.

O ano que vén haberá 6.100 prazas, que se darán por sorteo. As solicitudes poderán presentarse no primeiro trimestre do 2020 e as viaxes comezarán en marzo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2019