CRTVG

Buscar

A Xunta habilita dúas residencias para concentrar e atender os anciáns contaxiados

Publicado o 25/03/2020 14:14

Os maiores son o colectivo máis vulnerable ante esta pandemia do coronavirus e as residencias convertéronse en lugares sensibles polo perfil dos usuarios. A media de idade é de 85 anos e con múltiples patoloxías. En Galicia hai 335 xeriátricos. A súa dispersión e variedade dificulta unha atención sanitaria adecuada ante os contaxios e por iso a Xunta adoptou esta solución pioneira: habilitar dúas residencias medicalizadas onde se concentrarán os infectados.

Xosé Manuel Pazos, presidente da Asociación Galega de Residencias: "Con isto intentamos localizar os positivos nun punto e centrar aí os recursos. É decir, meter persoal sanitario, médicos... ao mesmo tempo, maiores medidas de protección para o persoal, porque xa sabemos que traballamos con persoas infectadas. Entón imos meter todos os recursos de protección para que o persoal poida traballar comodamente dentro das limitacións que isto supón".

A primeira en habilitarse é a residencia Novo Centro, en Baños de Molgas. Unha instalación que se está estreando. Ten 93 prazas e alí levarán os infectados nos centros das provincias de Ourense e Pontevedra. De feito, onte á tarde xa trasladadon os contaxiados da residencia de Celanova. Os casos positivos que se detecten nos xeriátricos das provincias da Coruña e Lugo serán trasladados á residencia Porta do Camiño, de Santiago, que ten 84 prazas. Os usuarios deste centro foron colocados nun hotel. Despois de desinfectala, a residencia medicalizarase con todo o material mecesario. A idea é que en canto se recuperen volvan ás suas residencias de orixe.

Xosé Manuel Pazos, presidente da Asociación Galega de Residencias: "O que imos intentar é que a xente canto antes a poidamos remitir aos seus centros. Será unha actitude máis sanitaria, o trato, e telo o tempo mínimo. En canto as probas saian negativas serán reeenviados ao centro de onde viñeron".

Aínda así, cando os casos se compliquen ou sexan graves, derivaranse aos hospitais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/03/2020