CRTVG

Buscar

A Xunta estudará onde se poderían montar hospitais de campaña se fosen necesarios

Publicado o 29/03/2020 22:09

A chegada de material sanitario será fundamental para os vindeiros días. Os modelos con que traballa o Goberno galego apuntan a que o maior pico de contaxios non será nesta semana que entra, senón nas seguintes.

O executivo autonómico estudará cos responsables das áreas sanitarias a posibilidade de montar hospitais de campaña. Para anticiparse a saturacións futuras, eses hospitais podería instalarse nas cidades de Santiago e A Coruña. Non se descarta tampouco a de Ferrol.

Noticias web

29/03/2020