CRTVG

Buscar

A Xunta envíalle ao Goberno central os proxectos de mobilidade que aspiran aos fondos de recuperación da UE

Publicado o 25/01/2021 16:04

A Xunta remitiulle hoxe ao Goberno central os proxectos de modernización do transporte público que pretende financiar cos fondos de recuperación da Unión Europea. Suporían un investimento de 400 millóns de euros para executar nos próximos tres anos.

Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade: "Son dez grupos de proxectos para fomentar a mobilidade sostible e modernizar o transporte público. Estamos a falar de 400 millóns de euros que levarían aparellados uns 2.300 empregos ao ano e que teñen tres anos para materializarse no noso territorio".

 

Noticias web

25/01/2021