CRTVG

Buscar

A Xunta Electoral aclara que só inhabilita a Torra como deputado, non como presidente da Generalitat

Publicado o 07/01/2020 19:44

A Xunta Electoral Central (JEC) non inhabilitou a Quim Torra como presidente da Generalitat, senón como deputado do Parlamento catalán, xa que entende que a función da administración electoral limítase aos cargos electos.

Así se desprende do acordo completo adoptado pola JEC o pasado día 3 e cuxo avance provocou a protesta da Generalitat e un pleno extraordinario do Parlament proclamando que a cámara autonómica é a única soberana para elixir os presidentes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2020