CRTVG

Buscar

A Xunta e o Parlamento impulsan a repartición de 7.500 menús solidarios en Noiteboa

Publicado o 16/12/2020 14:52

A Xunta e o Parlamento de Galicia impulsan unha iniciativa solidaria para este Nadal. Esta mañá asinaron un convenio en Santiago que vai permitir repartir 7.500 menús entre familias vulnerables o día de Noiteboa.

Elaboraranse no Centro Superior de Hostalería, en Santiago, por cociñeiros galegos de renome, entre eles, o recentemente galardoado cunha segunda estrela Michelin Javier Olleros.

Noticias web

16/12/2020