CRTVG

Buscar

A Xunta e as empresas de gran consumo eléctrico reclaman un prezo competitivo

Publicado o 08/06/2020 20:54

A Xunta e os grandes empresarios de consumo eléctrico din que urxe un prezo eléctrico competitivo para dar solución e saída para Alcoa. Esta tarde, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, reuniuse coa Asociación de Empresas de Gran Consumo Eléctrico nunha xuntanza previa ao encontro de mañá martes coa mesa de Alcoa San Cibrao.

Todos reiteran a necesidade de contar cun estatuto que dispoña dun marco enerxético estable e un plan de investimentos que garanta a viabilidade desta industria​ e dos 5.000 empregos que xera en Galicia.

Noticias web

08/06/2020