A Xunta e a Universidade de Vigo colaboran para promover a pedra natural e a madeira
Publicado o 18/03/2019 15:02
A construción da nova sede da Universidade de Vigo na parte vella da cidade plasma a combinación da madeira e da pedra natural. Ambos materiais de orixe autóctona dan como resultado un edificio sostible e eficiente dese o punto de vista enerxético.
O convenio asinado entre a Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para impulsar o uso destes materias conta coa colaboración dos centros tecnolóxicos da madeira e do granito. O obxectivo final é promover a competitividade e innovación das empresas galegas.
Máis sobre actualidade
04/03/2021 21:48