CRTVG

Buscar

A Xunta destina 40 millóns de euros a axudas extraordinarias para conciliación

Publicado o 03/06/2020 15:53

A Xunta acaba de anunciar que destina 40 millóns de euros extraordinarios a medidas de conciliación.

Explicouno a conselleira de Política Social tras manter unha xuntanza telemática con patronal e sindicatos.

Fabiola García dixo que haberá un bono coidado por valor de 500 euros para familias que teñan fillos menores de 12 anos e para usuarios de centros de maiores e centros de día.

A conselleira tamén avanzou que haberá campamentos de verán para nenos de  entre 8 e 18 anos e axudas para as entidades que xestionen centros de día ou escolas infantís.

Noticias web

03/06/2020