A Xunta critica que Moncloa apoie a Audasa no conflito cos usuarios polo cobro da peaxe de Rande durante as obras
Publicado o 07/02/2020 14:23
Estupor na Xunta ante o apoio do Goberno de Padro Sánchez á empresa concesionaria da AP-9 no litixio que os usuarios da autoestrada manteñen con Audasa polo cobro da peaxe de Rande durante as obras de ampliación da vía.
A conselleira de Infraestruturas criticou hoxe que na Moncloa deixen de lado os cidadáns.