CRTVG

Buscar

A Xunta cos axentes sociais: impulsar o teletraballo co plan de reactivación económica

Publicado o 10/06/2020 21:01

A Xunta presentoulles aos axentes sociais o plan para reactivar a economía e os servizos públicos. Está dotado con máis de 3.000 millóns de euros e ten por obxectivo dinamizar a economía e xerar emprego nos sectores máis afectados pola pandemia.

O conselleiro de Facenda e o de Economía, Emprego e Industria acordaron cos responsables da patronal e dos sindicatos UXT e CCOO destinar unha parte deses fondos a favorecer a implantación do teletraballo.

Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria: "Imos achegar 5 millóns de euros precisamente para mellorar as infraestruturas tecnolóxicas para que os autónomos e as pemes poidan dispoñer deses medios para que os seus traballadores poidan desenvolver nas mellores condicións posibles o teletraballo".

Noticias web

10/06/2020