CRTVG

Buscar

A Xunta consulta coas empresas galegas a súa disposición a fabricaren produtos para combater a COVID-19

Publicado o 23/04/2020 21:03


A Xunta consulta coas empresas galegas a súa disposición a fabricaren produtos que axuden a previr e combater a COVID-19. Alberto Núñez Feijóo visitou hoxe unha empresa de Silleda dedicada á impresión en gran formato e que con esta crise comezou a producir máscaras de protección facial. O Goberno galego está preparando unha nova liña de axudas para apoiar iniciativas coma esta e impulsar a produción en Galicia de medicamentos, equipos médicos ou material de protección fronte ao coronavirus. As empresas teñen dende mañá ata o mércores que vén para presentar de xeito telemático os seus proxectos e propostas.

Noticias web

23/04/2020