A Xunta buscará identificar os titulares de terras non localizados
Publicado o 11/01/2021 16:44
A Xunta acaba de presentar no Parlamento a nova Lei de recuperación da terra agraria. O texto comeza agora a tramitarse na cámara.
O conselleiro Xosé González dixo que era unha lei que pode cambiar o futuro do noso agro, coa posibilidade de crear 15.000 postos de traballo. Trátase de poñer a render moitas terras que agora están abandonadas. A dificultade está en que hai 11 millóns de parcelas en Galicia e que moitos propietarios son descoñecidos.
Máis sobre actualidade
07/03/2021 10:53
07/03/2021 10:03