A Xunta aspira a que o pazo de Meirás sexa o que Pardo Bazán quería
Publicado o 19/11/2020 15:25
A Xunta traballa no futuro do pazo de Meirás. O Goberno galego confirma que traballa xa nun plan de uso do pazo. Quere estar preparado en caso de que o Estado decida ceder a xestión do inmoble á comunidad autónoma.
A petición está feita formalmente. Aínda non hai resposta pero, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, avanzou que lles gustaría recuperar o obxectivo inicial que tiña Emilia Pardo Bazán para o pazo de Meirás, como pionera do feminismo en España e referente da creación cultural e literaria.
A Xunta traballará coa sociedade para obter ideas nese furturo uso. A idea é convertelo nun "faro para a igualdade e a creación".
Máis sobre Sada
06/03/2021 15:55