CRTVG

Buscar

A Xunta aproba o proxecto sectorial para ampliar o hospital Montecelo

Publicado o 26/07/2019 18:17

A Xunta aprobou hoxe o proxecto sectorial para ampliar o hospital de Pontevedra, infraestrutura en que se investirán 140 millóns de euros. O Goberno galego prevé que as obras do Gran Montecelo comecen a executarse o ano que vén.

Tal e como lle avanzara Feijóo ao alcalde de Pontevedra hai uns días, a Xunta autorizou o proxecto sectorial que permitirá regular a ampliación do hospital. O Gran Montecelo prestará novos servizos, como radioterapia, UCI pediátrica e medicina nuclear e o 60% dos cuartos serán individuais.

"Poriamos o hospital en obras no ano 2020 e veremos o pazo definitivo da obra para saber cando se finalizaría, en todo caso, sería entre o 2022 e o 2023. Seguimos co noso compromiso para a remodelación integral de todos os hospitais de Galicia", dixo Feijóo.

O Goberno galego tamén autorizou o crédito necesario para construír un novo centro de saúde no barrio vigués de Bouzas. Dará servizo a dez mil persoas e a previsión é que estea rematado no 2020.

Noticias web

26/07/2019