CRTVG

Buscar

A Xunta aposta por dous únicos modelos de marquesiñas para toda Galicia

Publicado o 21/03/2019 21:09

A Xunta unifica criterios e aposta por dous únicos modelos de marquesiñas para toda Galicia, un modelo para as zonas urbanas e outro, nunha segunda quenda, para as rurais.

A primeira marquesiña urbana xa está instalada en Santiago, no barrio de San Lázaro. Coma esta hai encargadas outras 180. Cada unha custa 4.400 euros. A marquesiña é principalmente dunha madeira de piñeiro que resiste mellor á humidade. Tamén leva aceiro e vidro de seguridade e laminado. Todo para conseguir estruturas resistentes pero deformables para que, en caso de choque dun vehículo, poidan absorber o golpe. As novas marquesiñas poden incorporar, ademais, iluminación led con paneis solares.

Noticias web

21/03/2019